Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.891 novas:

24/10/2024 | 14:42

Rueda destaca a Galicia como o “lugar idóneo” para a economía verde e asegura o apoio da Xunta ao tecido produtivo para acadar a neutralidade climática

Salienta que, grazas a iniciativas como a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, a comunidade reduciu as súas emisións de gases de efecto invernadoiro desde 2019 nun 19,5%, triplicando o ritmo de baixada estatal e europeo

23/10/2024 | 13:43

Rueda aposta pola remuda xeracional no agro con novos instrumentos coma o banco de explotacións e máis liñas de axudas

Salienta “a modernización” do campo galego nos últimos anos e os “estímulos” da Xunta para garantir que “xente nova” se incorpore á agricultura e gandería

21/10/2024 | 15:18

Rueda anuncia a posta en marcha esta semana dunha nova edición do Bono Activa Comercio dotada con 2,5 M€ para seguir impulsando as vendas nos negocios locais

O Consello do Goberno galego analizou un informe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración sobre a segunda convocatoria de axudas deste ano dos bonos Activa Comercio que publicará mañá o Diario Oficial de Galicia

21/10/2024 | 15:18

A Xunta autoriza a transformación de 18 locais da súa propiedade en vivendas de promoción pública nos concellos de Narón, Ourense e Pontevedra

Rueda salienta que “é a primeira vez” que a Xunta autoriza unha conversión deste tipo en locais da súa propiedade, o que permite avanzar no compromiso de “duplicar” o parque público residencial esta lexislatura