Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.025 novas:

29/06/2026 | 15:15

Rueda anuncia a aprobación do anteproxecto de Lei de educación dixital, unha norma pioneira en España que consolidará o modelo galego de ensino híbrido

Explica que o Consello deu luz verde esta mañá a esta normativa inédita a nivel estatal, que busca “consolidar o modelo galego de ensino híbrido” e afrontar con seguridade os retos da transformación dixital e blindar a calidade e a igualdade cun ensino máis personalizado

29/06/2026 | 15:07

Rueda anuncia que a Xunta inicia a preparación dos orzamentos de 2027 co obxectivo de que entren en vigor o vindeiro 1 de xaneiro

Lamenta que mentres Galicia traballa xa nas terceiras contas da lexislatura, España siga coas de 2023, “cando os orzamentos son unha ferramenta básica para gobernar”

28/06/2026 | 19:30

Rueda reúnese cos centros galegos de Venezuela para coñecer de primeira man a situación do país e trasladarlles a solidariedade do pobo galego

O presidente da Xunta mantivo esta tarde un encontro telemático cos presidentes destas entidades, no que fixo fincapé en que Galicia xa ten activados todos os mecanismos ao seu dispor tras os terremotos rexistrados esta semana e que se ampliarán en función das necesidades

27/06/2026 | 12:23

Rueda reafirma o compromiso da Xunta co sector madeireiro

Resaltou a importancia do Plan director da industria forestal-madeira 2026-2028