Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 1.947 novas:
Rueda sitúa Galicia á vangarda estatal coa nova Lei de educación dixital para “ensinar, protexer e acompañar” a toda a comunidade escolar
Sinala que a comunidade volve ser pioneira ao elaborar unha norma inédita no Estado que regula por primeira vez o dereito á desconexión dixital do alumnado e o uso da intelixencia artificial nas aulas
A Xunta impulsa preto de 12 millóns de metros cadrados de novo solo industrial nos cales investirá máis de 440 M€ ata o ano 2030
Rueda resalta que, na actualidade, a comunidade conta con 4.018 parcelas “das que só están dispoñibles unhas 350 “
Rueda anuncia a ampliación ata Portugal da liña de comunicación cuántica Santiago-Vigo, converténdose nunha rede clave para a ciberseguridade na UE
Resalta que a autoestrada galega para transmisións ultra seguras estenderase nunha primeira fase ata Valença do Minho co obxectivo de chegar nun futuro ata Lisboa
Rueda anuncia a primeira Lei de saúde pública de Galicia para optimizar a resposta aos novos riscos sanitarios e que reforzará a prevención
O Executivo galego abre un proceso de consulta pública para recibir achegas da cidadanía e dos axentes implicados á redacción da norma
Rueda aborda con Conxemar os retos da industria transformadora dos produtos do mar e o impulso á súa feira anual
O presidente da Xunta mantivo un encontro co máximo responsable da asociación, Eloy García, no que se avaliaron as colaboracións que se desenvolven en eidos como a internacionalización do sector ou a promoción do consumo de produtos do mar
Rueda reivindica o importante papel que xogaron os Fondos Europeos na construción dunha Galicia competitiva e de vangarda
Destaca que Galicia terá recibido, desde 1986, un total de 36.000 millóns de euros
Rueda e o presidente da CCDR-N acordan aliñar estratexias en materia de infraestruturas, fondos europeos e o vindeiro Xacobeo 2027
O titular do Goberno galego amósase ambicioso á hora de captar “a maior cantidade posible” de novos investimentos europeos dentro dos Fondos de Cooperación Transfronteiriza
Rueda enxalza o talento e o esforzo dos 106 alumnos galegos galardoados cos premios académicos como o mellor exemplo da "Galicia Calidade"
“É un tesouro que hai que coidar porque aí está o futuro do país”, resalta