Actualidade
Buscador de novas
Ten dispoñibles para consulta 1.947 novas:
Rueda sitúa as rexións no centro do debate sobre o futuro de Europa tras 15 meses de liderado galego na delegación española do CdR
Subliña o fito de ter consensuado unha postura única entre as comunidades autónomas coa aprobación da ‘Declaración Galicia’ para que as rexións se anticipen ao debate orzamentario e defendan fondos adaptados ao reto demográfico
A Xunta destaca a aposta dos concellos por mellorar a xestión dos residuos domésticos ao rexistrar este ano un 27% máis de solicitudes de axudas con este fin
Ángeles Vázquez salienta que a boa acollida obedece tanto á maior concienciación e sensibilidade dos municipios neste eido como ás melloras incluídas na convocatoria para chegar ás entidades locais pequenas e con menor capacidade financeira
Rueda anuncia a creación dunha unidade central de apoio á atención primaria para reducir o traballo administrativo dos médicos de familia
Estará formada por 50 profesionais cualificados que se encargarán de trámites como xestionar receitas, solicitudes de ortopedias ou de ambulancias non urxentes
Rueda destaca a consolidación de Galicia como referente en biotecnoloxía con 30 novas empresas e 670 M€ mobilizados en cinco anos
Salienta que os bos resultados da Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico 2021-2025 reforzan o posicionamento de Galicia como polo de atracción neste sector, que se completará coa nova estratexia 2026-2030 que se presentará proximamente
Rueda anuncia a Estratexia para o impulso da vivenda protexida con novas medidas para incentivar a construción e facilitar o acceso a máis familias
Resalta que a Xunta “vai ampliar o limiar de renda máxima” para “que máis xente teña dereito a optar” a unha vivenda pública ou protexida
A Xunta regula o proceso asistencial xenético de enfermidades raras co fin de acurtar os tempos de diagnose nun 30 % e garantir a equidade
Rueda salienta que, desde este mes, se vai implantar “un protocolo unificado e común” para que a abordaxe destes pacientes sexa homoxénea en toda Galicia
Rueda reivindica o papel de Galicia como referente na loita contra o cancro e garante o apoio da Xunta á investigación para situar a medicina do futuro no centro da sanidade pública
Destaca a traxectoria do doutor Emilio Alba e o potencial da doutora Patricia Altea, galardoados nos premios entregados esta tarde en Santiago
Rueda destaca a importancia de preservar o patrimonio cultural e documental como parte da identidade de Galicia
Valora que a Fundación pública Camilo José Cela acordase a cesión destes dous documentos, de grande importancia para a historia da vila coruñesa